
Grazas aos dezaseis nenos e nenas que participaron o pasado Venres 29 de Decembro ás 17.00 h no Local Social do Concello de Sandiás no Obradoiro de Maxia do Meigo Albert.
O Meigo Albert interacciona moito e ben co público grazas a súa simpatía e ao recurso constante do humor.
Os máis pequenos deixaron por un momento de ser meros espectadores e aprenderon a facer algúns números de maxia e coñecer os trucos.
En concreto fixeron unha vara máxica e debuxaron a lámina de puntos cambiantes aprendendo tamén o truco do seu manexo.
Esta actividade resulta un exercicio moi divertido e que axuda a potenciar a psicomotricidade, a creatividade e a comunicación.