Os nenos e nenas do CEIP de Sandiás visitan a exposición ‘Mulleres ilustradas da Limia’ na Casa de Cultura de Sandiás

O mércores, 19 de Marzo ás 12.30 h na Casa da Cultura do Concello de Sandiás  os nenos e nenas de infantil e primaria do CEIP de cos seus educadores visitaron a exposición “Mulleres ilustradas da Limia” na segunda planta da sala de Exposición da Casa de Cultura.

A exposición pon en valor as biografías e debuxos de 43 mulleres senlleiras da Comarca da Limia. O libro base da exposición  foi elaborado polo alumnado do CEIP Rosalía de Castro, ANPA CEIP Rosalía de Castro e a colaboración do Centro de Desenvolvemento rural, Cdr O Viso.

O alumnado foi observando con detalle cada unha das ilustracións feitas polos alumnos do Rosalía de Castro e descubrindo detalles dos  relatos das biografías. O reto era repasar as 43 biografías e sobre todo, recoñecer as catro mulleres senlleiras do seu concello, a súa aldea e eido no que destacaron: Amalia Manso, Noemí Vázquez, Conchita Gándara e Carmen Seguín.

De seguro que estas mulleres excepcionais con historias de superación e creatividade, inspirarán aos nenas e nenos loitando polos seus soños, sen importar as adversiddes que se presenten no camiño.

A exposición pódese visitar con visita guiada tendo en conta os seguintes días e horarios e concertando previamente cita no teléfono do Concello de Sandiás: 088 46 50 01, chamando de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas:

👉 Mércores de 12.30 h a 14.00 h (cita previa)

👉 Sábados de 12.00 h a 13.00 h (cita previa)

📍 Onde: Sala de Exposicións da Casa de Cultura do Concello de Sandiás

🎟 De balde

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?