O alumnado e profesorado do Punto de Atención Infantil (PAI) e os da etapa de Infantil do CEIP do Concello de Sandiás viviron esta mañá unha xornada educativa diferente co Camiño de Santiago como protagonista. Os alumnos realizaron un tramo da Vía da Prata (Camiñó Sanabrés) pola variante verinense que pasa por Xinzo, Sandiás en dirección a Allariz.
A súa peregrinaxe tivo un significado especial, xa que foron vestidos de peregrinos e a súa andaina formou parte dun proxecto que contemplou actividades como facer a capa, o chapeo, a cabaza e os bordóns así como pintar as cunchas. Tamén visitaron o Albergue de Peregrinos e foron atendidos moi amablemente por Pili. Alí aprenderon que os albergues non só ofrecen un lugar onde durmir e repoñer forzas sinón que tamén son lugares onde se practica a acollida. Son lugares onde relaxarse, pasear e respirar aire pura na súa contorna, mostrando deste xeito os valores do camiño. No caso do de Sandiás tamén se pode coñecer a través de grandes paneis de lona o patrimonio asociado ao camino o seu paso polo concello (areeiras, ermida de San Bieito de A Uceira, Igrexa de Santo Estevo, etc).
O camiño percorrido polo alumnado trátase dunha nova variante do camino de Santiago o seu paso por Sandiás que vai dende o Castrón do Novaiño (núcleo rural de Santa Ana na Nacional 525), pasando pola Nogueira, Santa Mariña e Piñeira darriba seguindo a continuación o camino en dirección a San Salvador dos Penedos e Allariz. Esta variante do camiño de Santiago transcorre na súa maioría por carreiras ou camiños de carros. Ao longo do camiño hai bidueiros, carballeiras, castros (castrón do Novaiño), petroglifos (o penedo da cabra no Monte Pendón), ermidas (Santa Mariña), fontes de auga (Fonte da Nogueira, Fonte da Costa), camiños antigos (camiño real ou verea vella), muiños ( Muiño dos Roleiros), pasadoiros de pedra, o río Piñeira así como moito patrimonio inmaterial (lenda de Santa Mariña, lendas de mouros…), etc.
Os alumnos fixeron un tramo do camino dende o colexio no centro da aldea de Sandiás ata A Nogueira, unha espléndida carballeira onde está unha antiga fonte e pliagos ou lamas. Ao carón da carballeira tamén se pode ver un tramo do camiño real ou Verea que cruza Nacional 525 entrando en Piñeira de Arcos e saíndo pola aldea de A Fontela. Por esta zona sempre viviu e pasou xente dende moi antigo. Asi mesmo, tamén tiveron a oportunidade de recoñecer novas sinais de madeira, fitos de pedra e cunchas amarelas con fondo azul que guían o peregrino ao longo do camino e nas súas variantes.
A iniciativa levada a cabo polas comunidades educativas tivo como finalidade trasladar os programas de contido das aulas fora do centro para implicar no coidado, disfrute e posta en valor da contorna aos nenos e nenas no marco do programa cultural Xacobeo 2022. Graciñas a todos e todas as que colaboraron nesta maravillosa aventura.