Os nen@s do Concello de Sandiás gozaron dabondo no parque de atraccións de Pazolandia 2023

Dezanove nen@as do Concello de Sandiás visitaron hoxe pola mañá, 27 de Decembro, Pazolandia no Pazo dos Deportes “Paco Paz” en Ourense e organizado pola Deputación de Ourense, no marco do programa de Nadal do Concello. A cargo deles os 4 euros de entrada e os gastos da viaxe a cargo do Concello.

Á tradicional oferta de atraccións de Pazolandia, onde non faltan os coches de choque; os xogos hinchables; as camas elásticas; a zona de tatuaxes; os obradoiros de maquillaxe, chapas e globoflexia; o tren Disney; o coaster tigre; as zonas de videoxogos; os apartados de baloncesto e fútbol; a barredora; así como as atraccións no exterior como o «Saltamontes», «La olla» ou a pista americana, este ano añadíronse dúas novidades: unha delas o «Boomerang«, unha atracción que consiste nun péndulo que xira sobre o seu eixe con 22 metros de altura. A segunda novidade é a «Pasaxe terror», unha atracción pechada coas últimas tendencias relacionadas co mundo do terror. Outra das novidades destacadas nesta edición é o «Mundo do xoguete», unha zona especial para os máis cativos con todas as tendencias en xoguetes para bebés e cativos de ata 5 anos.

Estiveron acompañados por catro persoas adultas. Por parte do Concello pola concelleira María José e por nais (Laura, Fátima, Mila) e pais (Moisés).

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?