O alcalde do Concello de Sandiás, Felipe Traveso, recibe na Casa do Concello aos Reis Magos de Oriente, nun encontro cheo de maxia e de ilusión. Melchor, Gaspar e Baltasar declaran que están “sorprendidos coa amabilidade da xente de Sandiás e namorados da decoración realizada con materiais reciclados”. Sen dúbida, volverán no 2021. 🌟
Todas as nais e pais que desexen que os Reis Magos visiten na casa aos seus fillos teñen que notificalo antes do 5 de xaneiro ás 12 do mediodía. Como?
- 📲 Enviando unha mensaxe privada ao perfil de Facebook
- 📲 Chamando ou enviando un WhatsApp ao 988 465 001
Na mensaxe teñen que indicar os seguintes datos:
- Nome e Apelidos do pai ou a nai
- Nome do neno/a
- Enderezo
- Teléfono de contacto
* Só para cativos menores de 12 anos.
* Manteremos todas as medidas de seguridade anti-covid
De feito, os Reis Magos de Oriente teñen unha mensaxe para todos os cativos:
O día 5 de xaneiro, os Reis Magos de Oriente visitaron a 43 cativos e cativas das doce aldeas do Concello de Sandiás. Foi unha ruta moi emocinante, xa que segundo as súas Maxestades «os nenos e nenas de Sandiás son encantadores, moi faladores e máxicos”.
En palabras de Melchor, «os tres Reis Magos agradecemos enormemente a colaboración inestimable dos traballadores do Concello, Gil e José Manuel, que nos guiaron certeiramente por todo o Concello».
Segundo Baltasar, «os pequenos e pequenas de Sandiás son moi educados e intelixentes, xa que escoitaron con moita atención os consellos para deitarse cedo e durmir para recibir de noite os agasallos».
Gaspar, moi emocionado coa recepción do alcalde e de toda a veciñanza, declara que «volverán sen ningunha dúbida o próximo ano» porque considera que «poucos sitios son tan fermosos e gardan tantos tesouros como este Concello».
¡Moitas grazas pola vosa visita! Sempre seredes benvidos a Sandiás 😀