Outras informacións menores do Concello de Sandiás

Información sobre outras melloras e iniciativas menores pero non por iso menos importantes nas que estiveron traballando #instituciónspúblicas a demanda do Concello e outras nas que estivo implicado o propio #Concello ao longo da primaveira e do comezo do verán. Algunhas das máis significativas:

  • Arranxo de varias pistas na zona das Areeiras
  • O libro publicado polo concello “Sandiás, a Lagoa de Antela e Nós do autor Alexander de los Ríos xa foi cedido a Furgoteca e xa forma parte do catálogo das bibliotecas públicas. Neste momento o libro xa está a disposición de todos os lectores da zona sur occidental de Ourense.
  • Instalación doutro cubrecontenedores na aldea de Sandiás.
  • A Deputación Provincial coloca paneis explicativos nos cubrecontenedores  a propósito do programa “Cooperando cos concellos”. Explican de xeito breve pero claro como reciclar mellor e mellorar a separación de residuos. Levan como complemento un código QR que permite ampliar información dende o móvil.
  • Reunión de organización  do Obradoiro de Costura animado por Geni Losada. Este ano desenvolverase o obradoiro en dous grupos de traballo.
  • Restauración da totalidade do tellado do Observatorio 1 das Areeiras (Palafito) deteriorado totalmente por as intensas chuvias pasadas e o forte vento. Levou a cabo os traballos o Obradoiro conxunto Sandiás-Xinzo co asesoramento técnico de patrimonio. Aproveitouse para limpar tamén outras zonas ao carón de paneis interpretativos.
  • A Deputación está a implementar contadores intelixentes como parte dun proxecto para dixitalizar o ciclo da auga e mellorar a eficiencia dos servizos hidráulicos na provincia. Este proxecto, chamado «OU-intelixente», ten como obxectivo colocar máis de 65.000 contadores intelixentes en 81 concellos, entre eles o Concello de Sandiás.
  • Aprobación no último pleno do Regulamento de honras e distincións do Concello de Sandiás.
  • Aprobación no último pleno da solicitude de dedicación do Día das Letras Galegas do ano 2026 a Antón Tovar Bovillo.
  • Aprobación no último pleno do  compromiso por parte do Concello de Sandiás de conservación dos canais secundarios de titularidade municipal tras actuación de limpeza coordinadas pola Xunta de Galicia.
  • Aprobación no último pleno de ratificación do decreto de aprobación de convenio amianto.
  • Aprobación no último pleno da ratificación do decreto subscrición convenio prevención de incendios.
  • Álbum de fotos sobre a evolución das obras de peche do Pavillón polideportivo.

 

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?