Outro niño de velutina eliminado polos voluntarios de Protección Civil do Concello de Sandiás

Niño de velutina eliminado na aldea de Vilariño das Poldras, en pleno monte a seis metros de altura e preto de 200 metros dunha casa. Encargáronse do traballo Alex e Dani, membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

O niño das fotografías era un niño de nivel de risco baixo xa que, neste tempo, según os especialistas, o que queda son “obreiras”. O niño tiña un volume moi grande, case 50 cm de alto.

Segundo os especialistas da agrupación, é moi importante dar coas raíñas porque estas xeran para o vindeiro ano  centos delas, o que implicaría outros centos de niños, polo que hai que frear a expansión.

LEMBRADE: VIXILANCIA E CONTROL FRONTE A VESPA VELUTINA

  1. Informar de niño de velutinas chamando ao 012.
  2. Para obter máis info: https://cutt.ly/2yAqG2q

Moitas grazas aos integrantes Agrupación Voluntarios de Protección Civil de Sandiás.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?