Paso a paso pola limia: o cdr o viso e Sandiás mobilízanse contra o lixo nas areeiras

Limpar os camiños das Areeiras de Sandiás , un obxectivo de voluntariado ambiental comunitario

O pasado venres 25 de Abril de 2026, o Centro de Desenvolvemento Rura O Viso, en colaboración co Concello de Sandiás, convocaron a participar nunha cuarta xornada de recollida de lixo comunitario nun tramo de aproximadamente 5 Kilómetros nas Areeiras da Limia no territorio que abrangue o Concello de Sandiás. A actividade desenvolveuse nun percorrido circular que finalizou no mesmo punto de inicio. Esta xornada insérese nas accións conxuntas para fomentar a concienciación ambiental e o desenvolvemento sostible co obxectivo de protexer e preservar o patrimonio natural da comarca.

Iniciouse a actividade coa posta en valor do lugar por Pepe Gándara, coordinador do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela no Concello de Sandiás, destacando o patrimonio xeolóxico (cráteres de explotación de area), o patrimonio ornitolóxico (aves) e o patrimonio etnográfico (os palafitos e as casas de terróns). A continuación o responsable da área educativa-ambiental do Cdr O Viso, Andrés, organizou os grupos e as tarefas a realizar repartindo bolsas de cor negro (resto), morado (vidro) e amarelo (plástico e envases).

A recollida, aberta a toda a veciñanza de Sandiás e comarca da Limia, deu comezo no punto de encontro da localidade de Sandiás e Xinzo.  Os preto de 35 participantes da Comarca da Limia, de Ourense e Vigo dispoñeron dos materiais necesarios, como luvas e bolsas, para facilitar o bo desenvolvemento da acción. Recolléronse 20 bolsas de lixo menor e aproximadamente uns 150 quilos de lixo menor. Entre os residuos máis abondosos atopáronse restos das persoas que frecuentan, por motivos recreativos ou laborais, a zona na que noutrora e hoxe en día se extrae area para a industria, especialmente en España e Portugal. Moreas de latas de bebidas, innumerables envases plásticos e unha manchea de panos de papel de uso persoal, roupa, restos de patacas, tubos de plástico, restos de persianas, rodas, botellas de cristal, restos de cordas, bidóns… arroxan unha realidade dolorosa e incontestable: as persoas que usan o espazo son as persoas que emporcan. A actividade consistíu nunha batida para limpar de lixo menor os camiños dun lugar que alberga moitas oportunidades tanto no plano económico, ambiental como lúdico e turístico. Cómpre recordar que o Camiño de Santiago, permanentemente apoiado polas Administracións, atravesa o mesmo espazo que se comezou a limpar por unha cuestión de dignidade, prestixio e futuro.

Faladoiro compartido en Couso de Limia. Revisando a nosa conciencia ambiental

Ao final da xornada, organizouse un pequeño ágape en Couso de Limia para recuperar forzas despois do traballo realizado e houbo un faladoiro compartido entre os participantes sobre a experiencia ao redor de como se sentiu cada un/unha no medio natural e a coherencia entre o que pensamos e facemos cando nos relacionamos día a día co medio ambiente da nosa contorna máis próxima. Os participantes destacaron o gusto por pasear, a calma e acougo que , proporciona o espazo, coñecer e compartir con xente e facer por cuarta vez un xesto simbólico de tomar conciencia ambiental  superando o costume e a preguiza. tamén se constataba a necesidade de puntos próximos de recollida de lixo e, se é preciso, animarse a chamar a atención con educación a quen vexamos que tira cousas ao chan en calquera espazo, sexa natural, cultural ou de traballo. Así mesmo destacouse a necesidade de lembrar que as empresas de construción teñen a obriga legal  de xestionar os seus residuos de construción e demolición ( RCD) a través de entidades autorizadas.

Obxectivos da actividade de Voluntariado Ambiental

Os obxectivos da Xornada foron promover a conciencia ambiental entre as persoas participantes, fomentar a participación cidadá na protección e conservación dos espazos naturais e limpar e restaurar a contorna natural, un hábitat de alto valor ecolóxico. Os guías e animadores do Cdr O Viso insistiron en que a participación comunitaria é clave para manter os nosos espazos naturais libres de residuos e sensibilizar á poboación sobre a importancia de preservar o noso medio.

Está dentro do programa de voluntariado medioambiental do Cdr O Viso, financiado pola Consellería de Polítia Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da subvención para a implantación de programas de interese social.

Dende o Concello de Sandiás dita acción compleméntase con outra que xa vai polo sétimo ano denominada “Á caza do lixo” desenvolvida o 6 de Xuño, Día Mundial do Medio Ambiente e cuxa finalidade é unha recollida de depósitos de lixo de gran volumen polos montes da contorna do concello.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.