Onte desfrutamos dunha saída moi especial nun entorno precioso, moi preto do noso cole, onde tivemos a sorte de aprender un montón sobre o fascinante mundo das abellas. Queremos agradecer de corazón a Inés e ás súas compañeiras pola fantástica acollida, polo cariño co que nos recibiron e por compartir connosco esta experiencia tan enriquecedora.
Os nenos e nenas gozaron, descubriron, preguntaron e aprenderon rodeados de natureza e de persoas marabillosas. Nós volvemos ao cole cun sorriso enorme e esperamos que eles tamén leven para a casa esa mesma sensación.
Grazas por axudarnos a rematar este curso creando recordos tan bonitos. 💛🌿🐝