Máis dun cento de persoas da Asociación de xubilados e pensionistas de Salceda de Caselas visitan o centro de interpretación da Lagoa de Antela en Sandiás.
Cento dúas persoas da Asociación de Xubilados e pensionistas de Salceda de Caselas (Pontevedra) visitaron o sábado 10 de febreiro o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela.
Viñan para unha xeira especial por terras da Limia, terra rica en historia, arqueoloxía e etnografía e tamén pola contorna da Lagoa de Antela e o Entroido de Xinzo de Limia, onde visitaron tamén o Museo do Entroido.
A visita guiada na #CasadaLagoa foi concentrada e intensa e tivo unha duración de preto de dúas horas. A visita guiada a Casa da Lagoa, levouna a cabo #AlexDeLosRíos, competente guía histórico e didáctico e Pepe Gándara, turnándose o grupo en tres visitas consecutivas de preto de 33 persoas cada unha. Uns grupos foron atendidos na planta baixa e outros no segundo andar.
Pasouse revista na primera parte da visita a #xeografíafísica e humana de lagoa expoñendo os factores naturais que levaron a transformación da paisaxe (formas do relevo, sistema hídrico) e os factores antrópicos (os palafitos lacustres, casas de terróns e as distintas pegadas do home no medio dende a pre-romana ata a modernidade. Como complemento, levouse a cabo un acercamento a #cartografía da lagoa en relación coas súas dimensións e toponimia e analizouse o caso de intervención máis agresiva na paisaxe: o proceso de desecamento franquista e a concentración parcelaria.
Posteriormente fíxose referencia a #Xeografíamítica ( os espazos e habitantes imaxinarios da Lagoa de Antela. Fíxose rápida referencia a diversas lendas e contos como o referido a Cidade de Antioquía, e o papel xogado polo Bruión, elexida ave do ano e a súa vinculación con hábita do beón (xunco da Lagoa).
Despois de breves referencias ao folclkore, a etnografía e as economías perdidas da lagoa, por último tratáronse aspectos de #Xeografíacutural aplicados a Lagoa de Antela, facendo unha reflexión xeral sobre toponimia e pondo exemplos concretos de toponimia maior e menor da zona.
Non deu tempo para visitar “in situ” as Areeiras de Sandiás pero cecais nun futuro próximo estas pezas dispersas ou como alguén lle chamou “o minifundismo da auga”, poidan volver configurar un novo humidal artificial herdeiro do xa mítico sistema lagunar natural denominado lago Beón.
Moi satisfeitos quedamos na «#CasadaLagoa» e #grazas pola vosa visita. Sentimos que fose un pouco apresurada polo tamaño do grupo e o programa e esperamos que noutro momento nos visitedes por segunda vez con máis calma.