Obradoiro práctico de pilates e ioga terapéutico do Programa Rosalía en Sandiás. Por un modo de vivir máis equilibrado e saudable
Grazas ás 16 persoas que participaron o luns 4 de agosto na sesión do obradoiro de pilates e ioga terapéutico do Programa Rosalía no Concello de Sandiás.
A sesión práctica xirou en torno á realización de exercicios prácticos para a terapia e traballo dos músculos do corpo humano. A animadora, Carmen, insistiu na importancia da postura do corpo, a respiración e o equilibrio.
O benestar e a saúde son elementos esenciais para crear sociedades felices. E nisto ten parte que ver a práctica de pilates e o ioga terapéutico. Ditas prácticas teñen como obxectivo fortalecer o corpo e a mente desde a parte máis profunda á máis superficial, aumentando e unindo o dinamismo e a forza muscular co control mental, a relaxación e a respiración. É unha disciplina que combina técnicas de ximnasia, ballet e ioga. Pode ser practicada por persoas de diferentes idades e proporciona melloras físicas, mentais e espirituais, contribuíndo a unha vida máis equilibrada e saudable.
O Programa Rosalía desenvólvese nos concellos de Sandiás, Xunqueira de Ambía, Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio. Para todas as mulleres da comarca da Limia!