Poesia en Sandiás. 18 marzo poemas coloridos en homenaxe a rosalia de castro cos cativos do pai de Sandiás

A cita tivo lugar o 18 de marzo no Local Social do Concello de Sandiás organizada pola Furgoteca e animada por Reme Cid, coordinadora da Furgoteca da zona Sur da Provincia de Ourense, levada da súa gran  experiencia no relativo a adaptación aos máis pequenos do concello acompañados dos seus educadores. O obxectivo foi achegar os sons e as palabras da lírica cantada e lida da nosa Rosalía de Castro.

A sesión comezou coa lectura e canto dun poema de Rosalía de Castro  utilizando o libro “Cantares Miúdos” editado pola propia Fundación Rosalía. A continuación cada neno e meniña sobre un anaco de papel  foron debuxando e pintando imáxes que lles suxería o poema, sempre acompañados polos seus educadores e Reme.  Por unha hora, o Local Social converteuse nun espazo creativo onde usar as cores , trazar liñas a súa maneira, pintar o que che gustaba de forma que, deste xeito, os nenos poideeran “viaxar” polos versos de Rosalía dun xeito entretido.

Despois chegou a merenda e compartir non xardín xogos e gozar das horas de sol a tardiña.

Graciñas, Reme polo marabilloso momento de goce da poesía e da compañía dos máis cativeiros de Sandiás no Día da Poesía.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.