Poesia en Sandiás. 18 marzo unha viaxe sensorial da man de rochi nóvoa cun obradoiro de poesia lúdico para aprender habitar os versos, recitalos, cantalos, pintalos e escribilos coa forza e sedución da palabra

A cita tivo lugar o 18 de marzo no Local Social do Concello de Sandiás organizado pola Furgoteca, presentado por Reme Cid e animado cun estilo refrescante, visual e didáctico pola polifacética Rochi Nóvoa, onde a lectura tradicional deixou paso a un circuíto de «estacións poéticas» dinámicas e creativas para todos os públicos, entre eles, 20 alumnos e alumnas do CEIP de Sandiás e profesores acompañantes.

O obxectivo foi achegar a lírica rompendo a barreira da «lectura pasiva» e fomentando a creatividade colectiva. Cómo indica Rochi Nóvoa: «que cada persoa que se achegue poida habitar os versos, xogar con eles e descubrir que a lúa ten moitas caras que mostrar. A poesía non só se le, tamén se percorre.»Baixo esta premisa, a escritora Rochi Nóvoa presentou tamén o  seu libro Versos e Lúas dun xeito fóra do común: transformando o acto de ler nunha experiencia participativa e lúdica. Unha presentación en movemento, lonxe das presentacións estáticas. O espazo do Local Social converteuse nun itinerario creativo dividido en pequenas estacións e probas, deseñadas para que os nenos e nenas poideran «viaxar» polos versos dun xeito entretido.

En definitiva, unha oportunidade para achegar a poesía ás crianzas, os e as educadores e as familias, compartir cultura e celebrar xuntos a sedución e forza da palabra.O Obradoiro desenvolveuse en torno ás seguintes «estacións poéticas»: poemas con obxectos, rima lóstrego, haiku, poesía sonora, poema de cor, poesía estean, cadáver exquisito, debuxa unha paisaxe, ordena un poema e crea o teu propio poema.

Para chegar o produto de crear o poema identificaron cartas con imaxes, identificaron autores de estrofas, puxeron en orde frases para formar un poema, tamén aprenderon a debuxalos, practicaron o cantar das regueifas, elixiron obxectos cos ollos pechados e a partir deles crearon unha rima e outras moitas probas para adestrarse na creación da poesía.

De despedida, Rochi entregoulle a cada un agasallo personalizado, un chuche doce e unha mensaxe oculto. Quedoulles por crear o poema e comprometéronse a facelo non seu colexio.

Grazas Rochi Nóvoa polo marabilloso obradoiro neste día da Festa da Poesía.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.