Comunicamos a todos os interesados e interesadas que o día 4 de xullo comeza o Campamento Verán 2022 no noso Concello.
O horario será de luns a venres de 09:00 a 14:00.
Pódese realizar a preinscrición nas oficinas do Concello, de luns a venres en horario de atención.
A idade dos participantes será entre 5 e 14 anos, tendo prioridade os nenos empadroados no Concello de Sandiás, os que presenten factores de risco ou vulnerabilidade no ámbito familiar. O resto por orde de entrada no rexistro.
O prazo de preinscripción é ata o 23 de xuño. A posteriori, publicarase a lista de admitidos e comezará o prazo a matrícula.