O pasado sábado 13 de xaneiro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura de Sandiás levouse a cabo a presentación de Antela Editorial, o primeiro proxecto de literatura infantil e xuvenil nacido íntegramente na Limia, concretamente en Vilar de Barrio. No seu catálogo unha ampla colección de títulos que inclúen temas como o coidado da contorna natural, a aceptación do outro ou o valor da amizade.. historias marabillosas e fermosas ilustracións para entreter e educar a sensibilidade dos nenos.
Según os creadores deste proxecto editorial en 2020 dedicados a docencia, Xabier Domínguez, Alba de Evan e Miguel A. Alonso Diz, é unha editorial con carácter educativo pero cunha marcada dirección social: «Queremos que todo o proceso de creación de cada libro sexa integramente galego: autores, ilustradores, maquetadores… todos de aquí, para xerar postos de traballo. Tamén unha porcentaxe das vendas destinase a unha oenegué ourensá (Asociación Ridimoas) de modo que os seus proxectos teñan un claro enfoque medioambiental e de sostebilidade.
Os creadores deste fermoso proxecto editorial conversaron co público asistente sobre o seu traballo e atenderon as súas preguntas que deron lugar a un diálogo denso e prolongado sobre temas tan variados como a calidade da literatura infantil-xuvenil no mercado, o estado de saúde do uso do galego e a semente do amor pola lingua galega nas novas xeracións, a oportunidade de seguir divulgado a xeografía e historia mítica da Limia e a Lagoa de Antela, etc.
Asinaron tamén exemplares dos seus libros principalmente en galego pero xa traducidos a moitos idiomas como castelán, francés, ruso… A súa pretensión non é só empoderar o idioma galego senón tamén recuperar os mitos e tradicións do universo de Galicia.