Presentación do libro «A árbore do pan», do escritor e músico verinense Edemiro Matero García

No marco da celebración do Día das Letras Galega, o sábado 18 de maio,  o Concello de Sandiás  acolleu a presentación do libro “A árbore do Pan” do prolífico escritor, editor e músico verinés Edelmiro Mateo García. Este texto, de Edelmiro Mateo, está ilustrado, con láminas en acrílico, pintadas e deseñadas por Olimpia Seoane, unha pintora autodidacta que coa súa colaboración converteu o relato nun libro-arte.

 Coma sempre, o acto convertiuse nunha oportunidade de gozar da música en directo. O propio Edelmiro Mateo acompañado do seu acordeón en cada unha das presentacións dos seus libros, convertiu o acto nun evento que mesturou literatura e música así como textos leídos en voz alta.

A “Árbore do pan”, como adoitaban chamar ao castiñeiro é unha obra que nos mergulla na vida dos soutos de castiñeiros e nas castañas. Trátase dun eloxio ao castiñeiro onde se recolle a memoria comunitaria fixada na madeira a través dunha historia fabulada onde se resalta o valor ecolóxico-paisaxístico, gastronómico, económico, etnográfico e tamén como metáfora do ciclo da vida.

Os 15 participantes no acto poderon adquirir un exemplar do libro na mesma Casa de Cultura de Sandiás e firmado polo autor.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?