Preto de 65 persoas acompañan a artista visual Julia Marqués Meyes na exposición «Traxectorias» en Sandiás

O sábado 2 de Marzo, na sala de Exposicións do Concello de Sandiás comezou o acto de inauguración da exposición de pintura cunhas primeiras palabras de saúdo do alcalde Felipe Traveso dando as grazas relatando o completo e variado programa cultural de Sandiás seguindo as estacións do ano e dando as grazas os preto de 65 participantes no acto de inauguración pondo en valor o compartir e disfrutar das creacións artísticas no mundo rural; deseguido Julia, a autora das preto de 48 obras de pintura, fixo unha presentación contextualizando a obra no conxunto do seu periplo artístico e vital e desenvolveu sintéticamente a gramática da mesma.

Nun segundo momento visitouse a exposición na Sala de exposicións do mesmo concello situada en dúas alturas superpostas e nun edificio que fixo as delicias dos asistentes pola súa magnífica restauración e que serviu de marco expléndido para a exposición. O público asistente tamén puido consultar polo miudo unha boa mostra de prensa, entrevistas, catálogos de exposición de galería por varios países Europea que formaron parte do periplo profesional e vital da propia autora o longo de moitos anos.

Desde o Concello de Sandiás, moitas grazas aos veciñ@s participantes e de xeito especial a Julia Marqués Meyer pola súa decisión de expoñer en Sandiás a súa obra artística. A exposición estará a disposición dos visitantes dende o 2 de Marzo ata o 30 de Marzo os mércores, xoves, venres e sábado pola tarde previa chamada ao teléfono do Concello de Sandiás (Tlf. 988 46 50 01)

Deixámosvos unhas poucas imaxes da inauguración da exposición para que gocedes os que non puidestes estar.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?