Preto de sesenta persoas do clube Peña Trevinca e da Asociación inventiva de Vigo, visitaron o centro de Interpretación da Lagoa de Antela e as Areeiras de Sandiás

Preto de 60 persoas do Clube Peña Trevinca e da Asociación Inventiva de Vigo adicada as altas capacidades visitaron o pasado domingo 14 de abril o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela e o patrimonio xeolóxico, etnográfico e ornitolóxico das Areeiras de Sandiás.

 Visita ao Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

A visita guiada na #CasadaLagoa e nas #Areeiras foi intensa e tivo unha duración de catro horas. A visita guiada a Casa da Lagoa, levouna a cabo #AlexDelosRíos, guía histórico e didáctico e Pepe Gándara , concelleiro de cultura e patrimonio ao patrimonio das Areeiras de Sandiás.

Pasouse revista na primera parte da visita a #xeografíafísica e humana de lagoa expoñendo os factores naturais que levaron a transformación da paisaxe (formas do relevo, sistema hídrico) e os factores antrópicos (os palafitos lacustres, casas de terróns e as distintas pegadas do home no medio dende a pre-romana ata a modernidade.

Como complemento, levouse a cabo un acercamento a #cartografía da lagoa en relación coas súas dimensións e toponimia e analizouse o caso de intervención máis agresiva na paisaxe: o proceso de desecamento franquista e a concentración parcelaria.

Posteriormente fíxose referencia a #Xeografíamítica ( os espazos e habitantes imaxinarios da Lagoa de Antela. Fíxose rápida referencia a diversas lendas e contos como o referido a Cidade de Antioquía, e o papel xogado polo Bruión, elexida ave do ano e a súa vinculación con hábitat do beón (xunco da Lagoa).

Despois de breves referencias ao folclkore, a etnografía e as economías perdidas da lagoa,por último tratáronse aspectos de #Xeografíacutural aplicados a Lagoa de Antela, facendo unha reflexión xeral sobre toponimia e pondo exemplos concretos de toponimia maior e menor da zona. Membros da propia academia e participantes na visita #ofreceron interesantes #apuntamentos sobre a #orixe do #topónimoSandiás.

Visita “in situ” dunha areeira. Patrimonio xeolóxico-minerio e sistemas de explotación

Visitouse unha das areeiras en explotación e baixo a guía de Salvador Blanco , recibiron información precisa do sistema e proceso de explotación da areeira. Houbo referencias a xeomorfoloxía e o corte estratigráfico da zona das areeiras, o sistema de explotación industrial e tamén sobre a fase de abandono e restauración ambiental. Na mesma areeira poidemos observar nun dos noiros verticais unha colonia de Andauriña das Barreiras (Riparia riparia).

Visita aos observatorios ornitolóxicos: a casa de terróns.

Visitamos o observatorio ornitolóxico 1 (palafitos) e o 2 (Casa dos Terróns), exempo de arquitectura tradicional sustentabel en terra. Poidemos observar cegoñas, Mergullón cristado e Anduriñas das Barreiras.

Quedaron varios temas por ver como a xeografía física e humana da Lagoa (formas de relevo, factores antrópicos como as pegadas do ser humano na zona), cartografía do Complexo.

Húmido Antela-Limia e tamén aspectos de xeografía cultural (topónimos ou chamadoiros da Lagoa).

Cecais nun futuro próximo estas pezas dispersas ou como alguén lle chamou “o minifundismo da auga”, poidan volver configurar un novo humidal artificial herdeiro do xa mítico sistema lagunar natural denominado lago Beón.

Moi satisfeitos quedamos na «#CasadaLagoa» e #grazaspola vosa visita. Esperamos que veñades noutras ocasións.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?