Preto de vinte persoas da Academia Galega da Lingua Portuguesa visitan o centro de interpretación da Lagoa de Antela en Sandiás

Preto de vinte persoas da Academia Galega da Língua Portuguesa visitaron o sábado 24 de febreiro o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela. Viñan para unha xeira por terras da Limia, terra rica en historia, arqueoloxía e etnografía e para #celebrar os 15 anos da Academia.

A visita guiada na #CasadaLagoa foi intensa e tivo unha duración de dúas horas. A visita guiada a Casa da Lagoa, levouna a cabo Alex De los Ríos, guía histórico e didáctico e Pepe Gándara, concelleiro de cultura e patrimonio. Pasouse revista na primera parte da visita a #xeografíafísica e humana de lagoa expoñendo os factores naturais que levaron a transformación da paisaxe (formas do relevo, sistema hídrico) e os factores antrópicos (os palafitos lacustres, casas de terróns e as distintas pegadas do home no medio dende a pre-romana ata a modernidade.

Como complemento, levouse a cabo un acercamento a #cartografía da lagoa en relación coas súas dimensións e toponimia e analizouse o caso de intervención máis agresiva na paisaxe: o proceso de desecamento franquista e a concentración parcelaria.

Posteriormente fíxose referencia a #Xeografíamítica ( os espazos e habitantes imaxinarios da Lagoa de Antela. Fíxose rápida referencia a diversas lendas e contos como o referido a Cidade de Antioquía, e o papel xogado polo Bruión, elexida ave do ano e a súa vinculación con hábitat do beón (xunco da Lagoa).

Despois de breves referencias ao folclkore, a etnografía e as economías perdidas da lagoa, por último tratáronse aspectos de #Xeografíacutural aplicados a Lagoa de Antela, facendo unha reflexión xeral sobre toponimia e pondo exemplos concretos de toponimia maior e menor da zona. Membros da propia academia e participantes na visita #ofreceron interesantes #apuntamentos sobre a #orixe do #topónimoSandiás.

Non deu tempo para visitar “in situ” as Areeiras de Sandiás pero cecais nun futuro próximo estas pezas dispersas ou como alguén lle chamou “o minifundismo da auga”, poidan volver configurar un novo humidal artificial herdeiro do xa mítico sistema lagunar natural denominado lago Beón. Moi satisfeitos quedamos na «#CasadaLagoa» e #grazaspola vosa visita. Esperamos que veñades noutras ocasións.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?