Probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2022

Comunícase a todos os interesados e interesadas que no DOG de hoxe, día 18 de marzo, se convocan as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1,2,3 e 4 no ano 2022.

  • Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles.

As probas terán lugar nos meses de maio e xuño de 2022, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no DOG e na páxina web da Secretaria Xeral de Política Linguística.

Os interesados poden pasar polo concello ou chamar o teléfono 988465001 en horario de oficina (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas).

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.