Profesorado do Colexio Plurilingüe Salesianos celebraron o final do curso académico visitando o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela e a Casa de Cultura de Sandiás

Profesores e profesoras do Colexio Plurilingüe Salesianos Ourense visitaron o pasado luns 30 de Xuño o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela e a Exposición de pintura na Casa de Cultura de Sandiás.

Despóis dun saúdo do alcalde Felipe Traveso o coordinador da Casa da Lagoa, Pepe Gándara desenvolveu a visita guiada na Casa da Lagoa.  Deu comezo cunha introducción ao Complexo Húmido da Limia/Antela e continou  co visionado de tres pezas audiovisuais sobre diversos aspectos do humidal natural da Lagoa o humidal artificial das Areeiras e o patrimonio etnográfico do Concello de Sandiás. Fíxose referencia a Lagoa en xeral e as súas dimensións, análise de fotografías históricas, uso das barcas e os proxectos de desecación e concentración parcelaria. Tamén a Xeografía mítica ( os espazos e habitantes imaxinarios da Lagoa de Antela. Fíxose rápida referencia a diversas lendas e contos como o referido a Cidade de Antioquía). Despois de breves referencias ao folclkore, a etnografía e as economías perdidas da lagoa (comercio de ras, samesugas, ovos, peixes), por último tratáronse aspectos de Xeografía Cultural aplicados a Lagoa de Antela, facendo unha reflexión xeral sobre toponimia e pondo exemplos concretos de toponimia maior e menor da zona.

A continuación, os profesores percorreron libremente varias salas da planta baixa e alta. Por último visitaron a sala de exposicións da casa de cultura disfrutando da exposición de pintura de Xosé Eladio e Rochi Nóvoa.

Moi satisfeitos quedamos na Casa da Lagoa  e moitas grazas pola vosa visita esperando que fose de proveito. Esperamos que veñades noutras ocasións para ver polo miudo moitas máis cousas destes humidiais pois o que nos ten que contar a Lagoa de Antela da para moito máis.

 

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.