Programa do Nadal 2021 do Concello de Sandiás

Presentamos a todos os veciños e veciñas do Concello de Sandiás o Programa Oficial de Nadal para estas festas.

  • Ambientación coa decoración da Casa do Concello e das Aldeas. Ambientouse a praza da Casa do Concello, o pórtico do Nadal en Sandiás neste ano 2021 e colocarase un detalle decorativo nas aldeas.
  • Felicitación Calendario do Ano e Libro “Sandiás, a Lagoa de Antela e Nós”. Envio aos domicilios particulares do calendario. Este ano leva como motivo principal o santuario-ermida de San Bieito, coa finalidade tamén de promocionar o patrimonio histórico-cultural do Concello. O libro chegará a cada familia cunha carta de presentación.
  • Actividade colaborativa: decoración de Nadal do exterior dos fogares. Anímase aos veciñ@s do concello a crear un ambiente festivo embelecendo con orixinais e vistosos adornos as portas, balcóns, xardíns ou fiestras das casas con iluminación, ramos ou calquera outra iniciativa creativa.
  • Contos de Nadal para os máis cativos. Periodicamente, e ao longo do Nadal, de xeito telemático a través da páxina de Facebook do Concello, os máis cativos poderán disfrutar de fermosos contos de Nadal coa súa familia na casiña.
  • Campaña de Recollida de Alimentos. Este ano a campaña está organizada polo concello en coordinación coas parroquias. Fan un traballo importante e significativo os membros voluntarios de Protección Civil do Concello e voluntarios das parroquias de Sandiás, Couso e Piñeira de Arcos.
  • Felicitación institucional do Alcalde. Trátase da felicitación oficial do alcalde, Felipe Traveso e, no seu nome, tamén do equipo de goberno e dos traballadores do Concello.
  • Visita dos Reis Magos aos máis cativos do Concello. Trátase dunha visita sorpresa dos Reis Magos á cativada de Sandiás. Chegan dende moi lonxe, visitarán os domicilios dos máis cativos e traerán regalos e algunha que outra sorpresiña. O Reis comentan que o ano pasado disfrutaron moito de Sandiás mentres repartían os regalos.
  • Cantar de Reis en colaboración con CDR O Viso. Trátase de recuperar unha tradición, especialmente do tempo de Reis. Era costume ir cantar polas casas. Grupos de mozos percorrían antigamente as aldeas ou parroquias interpretando pezas populares que se transmitían oralmente ao longo dos séculos. A cambio recibían un aguinaldo, xeralmente en especies (viño, chourizo, touciño, doces…).
  • Acto de peche do V Centenario da Igrexa de Santo Estevo. O acto de peche do V Centenario está coordinado pola parroquia e o Concello. Constará dun acto dramatizado de eloxio á porta manuelina da entrada, unha celebración litúrxica animada musicalmente pola Coral Santa Mariña de Xinzo e a entrega dun folleto didáctico.
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?