O vindeiro 23 de xuño, o PAI de Sandiás acollerá unha actividade enmarcada no Plan Director da Garda Civil de Ourense, coa colaboración de Protección Civil de Sandiás.
Durante a xornada, que se desenvolverá en horario de 10:30 h a 12:30 h, exporanse diferentes medios e recursos vinculados á seguridade e á convivencia, como o servizo cinolóxico, tráfico, o propio Plan Director, a seguridade cidadá e os medios de Protección Civil de Sandiás.
Esta iniciativa ten como obxectivo achegar estes servizos á comunidade educativa e contribuír á mellora da convivencia e da seguridade nos centros educativos.
📅 23 de xuño
🕥 10:30 h – 12:30 h
📍 PAI de Sandiás