Protección Civil de Sandiás intervén nun accidente provocado por un corzo na recta de Piñeira

Sandiás, 24 de xullo. Efectivos de Protección Civil de Sandiás interviñeron na noite deste venres, ás 22:50 horas, nun accidente de tráfico provocado pola irrupción dun corzo na estrada, na coñecida recta de Piñeira, entre o restaurante Novaiño e Piñeira de Arcos.

 

Segundo a información facilitada, o sinistro produciuse tras o impacto do vehículo co animal. A rápida actuación dos servizos de emerxencia permitiu asegurar a zona e prestar a asistencia necesaria.

 

Afortunadamente, o accidente saldouse sen danos persoais, polo que non foi preciso atender a ningún ferido. O incidente quedou resolto tras a intervención de Protección Civil, restablecéndose a normalidade na vía.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.