
A reunión informativa no Concello de Sandiás será o 24 de Abril ás 20.00 h na Casa de Cultura.
Aterra é un programa pioneiro de xestión de terras a nivel comarcal posto en marcha polo Grupo de Desenvolvemento Local (GDR) Limia-Arnoia e que ten como obxectivo impulsar novos proxectos agrogandeiros. O seu ámbito de actuación son os 25 municipios que compoñen o territorio e que pertencen ás comarcas de Allariz- Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova.
Se es unha persoa interesada en buscar un lugar onde poder comezar ou ampliar o teu proxecto agrario ou, pola contra, es unha persoa con terreos que non utilizas, podes atopar en Aterra unha forma de darlles unha segunda oportunidade axudando a quen si os necesita. Compre pois que coñezas como funciona Aterra, un proxecto que conecta persoas.
O proxecto no ámbito rural está a actuar como nexo de unión entre propietarios e emprendedores ou empresarios que demandan terra para activar o seu negocio ou amplialo, favorecendo así a recuperación de fincas ata o momento abandoadas ou en desuso.
O esquema de traballo é: o Gdr como promotor e soporte técnico, a tecnoloxía e a comunicación como ferramentas de traballo e a rede de axentes locais como claves do éxito. O GDR Limia Arnoia, no marco do deseño dunha estratexia de desenvolvemento local, está a analizar a situación actual do uso e xestión do territorio nas comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova. Este traballo e a chegada de novos fondos do Programa Leader para o período 2023-2027, deben supoñer unha oportunidade para o aproveitamento dos recursos e a creación de emprego.
Tedes #máisinformación sobre o #proxecto #Aterra no blog: http://bit.ly/3UetkBR
Plataforma aterra.gal: https://aterra.gal/