O Proxecto de mellora de camiños municipais no Concello de Sandiás corresponde ao programa subvencionado pola Xunta de Galicia do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021. Este proxecto é cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-20.