Quinta e sexta semana do Campamento Concilia 2021: Ruta do Camiño da Nogueira a Piñeira, visita do Museo do Camiño, torneos deportivos, xogos de mesa, cine e visita ao albergue de peregrinos

Ao longo destas semanas, puxeron en práctica torneos deportivos, o escondite pilla, a carreira do boi, 1 pases, escondite en 5 pasos, xadrez humano, xogos de mesa (uno, dos, speed jungle, dixit), sesións de cine («El bebé jefato» y «Casper«) e unha  visita ao albergue  de peregrinos. Todos os peregrinos volven a casa con historias sobre o Camiño, as súas rutas e as súas xentes. Nestas anécdotas, a hospitalidade e os lazos sociais establecidos adoitan ser calidades estreitamente ligadas á viaxe. Os rapaces e rapazas aprenderon en que consiste a hospitalidade e pasaron revista as obras de reforma executadas no albergue.

Ao longo destas semanas, os rapaces e rapazas do Campamento veñen facendo varias actividades sobre o Camiño. Hoxe, venres, 13 de agosto, fixeron o sexto tramo da nova variante do Camiño do Sudeste-Vía da Prata ou seu paso polo Concello de Sandiás (A Nogueira-Piñeira da Riba), coñecendo de preto a paisaxe e os moitos elementos patrimoniais (Vía Nova, fonte da Nogueira, o castrón de Novaiño, fonte de Santa Mariña e da Costa, pontillóns dos prados do muíño, etc).

O final do camiño estaba en Piñeira de Riba, onde tivemos unha gran sorpresa. Veciños, veciñas, rapaces e rapazas que argallaron o “Museo do Camiño”, recibíronnos con traxes rexionais. Tivemos que recoller as nosas entradas no museo, facer quendas para respectar o aforo limitado e gozamos dunhas fantásticas explicacións dos e das guías, e con moitos obxectos novos incorporados a exposición.

Logo gozamos dunha morea de agasallos como petiscos, bica, refrescos, flocos de millo e patacas fritas. A marabillosa xornada da mañá finalizou con xogos. Os rapaces e rapazas anfitrións foron convidados un día o campamento en Sandiás. Moitas grazas por todo!

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?