Ratificación do convenio entre o Concello de Xinzo e de Sandiás para a pavimentación do Camiño das Aforadas cun orzamento de 75000€

Hoxe, 10 de marzo de 2022 o pleno do Concello de Xinzo arrancou, entre outros puntos, coa ratificación do convenio co Concello de Sandiás para realizar as obras de pavimentación do “Camiño das Aforadas”. A subvención, ó abeiro da orde do 29 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para convocar subvencións para a creación e/ou mellora das infraestructuras, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2022. A Xunta cobre a subvención ata os 50000 euros e a cantidade restante, 25000 euros, ao 50% entre o Concello de Xinzo e o Concello de Sandiás.

O “Camiño das Aforadas” trátase dunha vía emprazada entre a N-525 e a estrada de Celanova. As obras farán posible a mellora do firme moi deteriorado polo intenso tráfico de vehículos.

O importe total da inversión total é de 75294,11 euros.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?