Redescubrir Antela: a memoria e o futuro do gran humidal galego
Convidámosche a asistir a esta xornada participativa e divulgativa organizada por SEO/BirdLife para redescubrir un dos grandes “Humidais esquecidos” da xeografía ibérica: a Lagoa de Antela, situada na comarca da Limia (Ourense).
SEO/BirdLife promove unha xornada participativa para definir o futuro do humidal de Antela. A Lagoa de Antela é un caso emblemático: foi, no seu momento, un dos humidais máis importantes da península ibérica, cunha extensión de 3.600 hectáreas. Situada na comarca da Limia (Ourense), foi desecada entre os anos 50 e 60 para usos agrícolas, e da que hoxe só quedan pequenos restos e zonas parcialmente restauradas. É un lugar cargado de memoria ambiental e social.
Data e duración: 27 de novembro de 2025. Todo o día, incluíndo xantar e saída ao campo.
Lugar: Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, Sandiás. Ourense.
Obxectivo xeral: Reconectar á comunidade co humidal, recuperar a súa memoria colectiva, analizar a súa situación actual e definir, xunto coas administracións competentes, unha folla de ruta para a súa recuperación ecolóxica, social e cultural.
Programa e estrutura da xornada
9:00. – Acollida e recepción.
9:15.- Benvida institucional: SEO/BirdLife, Concello de Sandiás, Xunta de Galicia, Miteco.
9:40.- Presentación inicial (35 min). Valores ambientais de Antela. Importancia dos humidais, valores ornitolóxicos e contexto actual. (SEO BirdLife: Gustavo Ferreiro)
10:15.- Mesa 1 (1,15 h) Antela: Punto de partida e posibilidades de restauración. Participantes: Xunta Galicia-Consellería de Medio Ambiente, MITECO, Nicolás López e Octavio Infante (SEO BirdLife), Diego Rodríguez (SGO), Serafín González (SGHN)
11:30.- Saída de campo guiada (2 h): “Antela, pasado e presente”
13:30.- Pausa xantar / convivencia. Catering no Local Social da Casa da Lagoa (1 h 30 min)
15:00.- (30 min.) Historia e cultura asociada á Lagoa. José Gándara, Centro de interpretación da Lagoa de Antela no Concello de Sandiás).
15:30.- (30 min.) Fauna herpetolóxica, odonatos e flora de Antela. (Martiño Cabana Biólogo experto en herpetos e odonatos, AGCT)
16:00.- Mesa 2: (1 h 30 min.) Experiencias de sostibilidade (agricultura, gandería e turismo) (Participantes na mesa: Nicolás López e Octavio Infante (SEO BirdLife, Samuel Formoso (gandeiro extensivo), Martiño Cabana (Custodia Agraria – AGCT) 17:30.- Mesa 3: (1 h) Peche e compromiso colectivo (1
h). Presentación das conclusións e lectura da “Declaración ou Pacto por Antela”. (Participantes na mesa, relatores e administracións)
18.30.- Fin da Xornada