Renovación de 33 luminarias do alumeado público na aldea de Sandiás cun orzamento de preto de 44.000 euros

As  33 novas luminaria dos farois de iluminación pública  no Campo de San Nicolás e Rúa das  Pegas da aldea de Sandiás completan aínda máis a renovación da iluminación acometida desde hai dous anos en todos os núcleos de poboación do concello. As obras realízanse cun orzamento de 43.796 euros. Operarios especializados pertencentes a empresa ELYTE XINZO SL levan a cabo vos traballos de instalación.

As actuacións pretenden mellorar a seguridade das instalacións mediante a colocación de tomas de terra das que non dispuña a instalación na súa totalidade, reducir substancialmente o consumo enerxético,  mellorar os parámetros de iluminación, mellorar a eficiencia enerxética e lograr unha mellora en sustentabilidade ambiental mediante a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, aforro económico significativo que se poderá destinar a outros proxectos sociais e servizos do concello, reducir a contaminación lumínica e, en definitiva, mellorar as condicións de vida das persoas residentes nas devanditas zonas.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.