No mes de decembro de 2021 comezou a reparación de camiños que dan acceso a leiras dentro do territorio do Concello de Sandiás. Ditas actuacións están incluídas dentro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Agrarias 2021.
O centro directivo destas iniciativas corresponde á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural no marco do Plan Estratéxico, cun orzamento total para todos os concellos de 599999,99€.
En concreto, no territorio que abrangue o Concello de Sandiás o camiño obxecto de intervención no ano 2021 foi a pista que vai de Cardeita a Ladeira (1280 metros). Quedan pendentes para o ano 2022 o de Couso de Limia-Areeiras de Sandiás (1650 metros) e a pista ao carón da aldea de Piñeira de Arcos (675 metros), xunto con outros que se determinen segundo as necesidades.
A empresa adxudicataria é a Empresa de Transformación Agraria (TRAGSA).