Reparación dos camiños da Moreiriña, o Mirador dos Terróns e As Veas  no  Concello de Sandiás por 37.000 euros

No mes de setembro de 2022 comezou a reparación de varios camiños dentro do territorio do Concello de Sandiás. Ditas actuacións están incluídas dentro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Agrarias 2021. Os camiños agrícolas do concello soportan moito tránsito de tractores e vehículos pesados o que supón que o seu firme se vexa moi afectado co paso do tempo, aparecendo fochancas e crecemento de vexetación herbácea nos bordes, impedindo o drenaxe.

O centro directivo destas iniciativas corresponde a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Xunta de Galicia). O orzamento foi de 37.000,60 euros.

En concreto, no territorio que abrangue o Concello de Sandiás os camiños obxecto de intervención no ano 2021 foi a pista que vai de Cardeita a Ladeira (1.200 metros); e neste ano 2022 foron os da Moreiriña, o Mirador do Terróns e As Veas. No camiño da Moreiriña fixéronse labores de bacheo do firme, limpeza con medios mecánicos, desbroce de vexetación herbácea, limpeza de foxo e doble rega. No camiño do Mirador dos Terróns pola zona das “areeiras”, así como no camiño de As Veas houbo actuacións de desbroce e retirada de vexetación herbácea, limpeza de foxo con motoniveladora, refino e planeo do camiño en base de zahorra artificial.

A empresa que constrúe é a Empresa Excavaciones P. Prol, S.L.U.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?