Reunión de coordinación para a volta ciclista ao gran camiño 2026 en Ourense

O luns 30 de marzo, ás 11:00 horas, celebrouse na segunda planta do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense unha reunión de coordinación para a Volta Ciclista ao Gran Camiño 2026. Á cita asistiron representantes de Protección Civil de distintos concellos, Garda Civil e Policía Local, así como Fernando Gándara, presidente da Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Sandiás, dado que unha das etapas da proba percorre este concello.

O encontro tivo como obxectivo principal planificar os aspectos relacionados coa seguridade vial da competición. A reunión centrouse tamén na organización da cuarta etapa, que se celebrará o 17 de abril de 2026, cun percorrido que comeza en Xinzo de Limia, pasa polo Concello de Sandiás e remata no Concello de Xunqueira de Espadanedo, na provincia de Ourense. Dito mosteiro de Xunqueira de Espadanedo, unha xoia do arte medieval, será un dos escenarios emblemáticos do evento.

O Gran Camiño non é só unha proba deportiva, senón tamén un promotor turístico de Galicia, xa que ao longo dos cinco días de competición percórrese unha ampla variedade de paisaxes, tradicións e patrimonio cultural das diferentes provincias galegas. A etapa ourensá permitirá aos participantes e afeccionados descubrir o corazón do termalismo, do Entroido e do ciclismo na comarca.

A coordinación entre autoridades locais e servizos de seguridade pretende garantir que a carreira se desenvolva con total seguridade para ciclistas, espectadores e cidadáns

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.