O pasado venres 14 de marzo, ás 20:00, tivo lugar na vivenda social “Escolas de Santa Ana” unha reunión informativa sobre o proxecto de humanización do núcleo urbano da aldea de Santa Ana. Achegáronse 31 veciños e veciñas do pobo de Santa Ana e coordinaron a reunión o alcalde Felipe Traveso e o concelleiro, Tito Traveso.

Tanto o alcalde como o concelleiro comezaron presentando mediante ampliación de planos en papel o proxecto de obra destacando varios aspectos:
- Fixeron un repaso dos proxectos previstos iniciais e as razóns técnicas que levaron a elexir o proxecto final coa finalidade de optimizar recursos económicos e poder facer realidade o proxecto sin máis demoras.
- Recordaron que neste proxecto a Xunta asume nun 70% ás intervencións -achegará un investimento de 225.830 euros- e contratará e executará as obras. Pola súa banda a Deputación achega a cantidade de 70.000 euros e o Concello 26.000 euros e redactará o proxecto das obras, realizará as xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, e comprométese á recepción, mantemento e conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público.
- Aclararon que as actuacións céntranse na entrada ao pobo e no núcleo urbano e fanse nunha única fase de obras, pendentes de inmediata licitación. Nas áreas de protección arqueolóxica e zonas comunais quedan comprometidas para outra fase xa que se precisa facer xestións para adquirir a titularidade dos terreos por parte do concello. O compromiso do alcalde e do equipo de goberno e completar o proxecto completo de humanización.
- Precisaron que na zona urbana serán renovados e irán soterrados os servizos urbanos da rede de baixa tensión, a rede de telecomunicacións de Telefónica e Fenosa e a rede de iluminación pública con báculos métalicos, separación de augas pluviais e fecais Así mesmo, está proxectada a reposición dos pavimentos na zona de intervención con formigón e adoquín de pedra pola beira das casas.
- Aclárase que nas airas non se fai intervención ao non ser bens de titularidade pública municipal.
- O alcalde xestionará coa empresa as acometidas privadas das casas que o demanden no concello e xestionará coa Xunta de Montes a titularidade de terreos coa finalidade de facer un parque.
- Finalmente acláranse dúbidas puntuais de veciños e veciñas e dase resposta a diversas discrepancias formuladas en torno ao proxecto.
O alcalde, Felipe Traveso, puxo énfase en que é unha obra de gran importancia tanto desde o punto de vista económico como de mellora da salubridade e calidade de vida que supón para a aldea. Esta colaboración da Xunta co ámbito local realizase a través do Plan Hurbe, co que se axuda aos concellos a financiar actuacións singulares que poidan recuperar espazos públicos ou mellorar equipamentos públicos para ofrecerlles máis posibilidades de desfrute á cidadanía. Ao longo da reunión tamén houbo diálogos, rogos e preguntas. O alcalde finalizou a reunión dándolle as grazas aos veciños e veciñas pola asistencia á reunión, polas suxerencias, preguntas e demandas formuladas.