🗓 Cando?: 18 marzo, mércores
🕔 Hora? 11:00 h a 12:00 h.
📍 Lugar?: Local Social Casa da Cultura de Sandiás
🎯 #Obxectivo. Achegar a lírica a tódolos públicos, rompendo a barreira da «lectura pasiva» e fomentando a creatividade colectiva. «Pretendo que cada persoa que se achegue poida habitar os versos, xogar con eles e descubrir que a lúa ten moitas caras que mostrar».
🪁 A poesía non só se le, tamén se percorre. Baixo esta premisa, a escritora Rochi Nóvoa presenta o seu libro #VersoseLúas dun xeito fóra do común: transformando o acto de ler nunha #experiencia #participativa e #lúdica que se celebrará o vindeiro 18 de marzo.
🛹 Unha presentación en movemento. Lonxe das presentacións estáticas, a autora propón un #obradoiro de #poesía #interactivo. O espazo converterase nun itinerario creativo dividido en pequenas estacións e probas, deseñadas para que os asistentes poidan «viaxar» polos versos do libro dun xeito entretido.
🛞 #Estaciónscreativas: Diferentes paradas onde a palabra escrita dialoga co xogo.
⌛ #Probaspoéticas: Retos sinxelos para descubrir o ritmo, as imaxes e a sensibilidade de Versos e Lúas.
Unha oportunidade para #achegar a #poesía ás #crianzas e ás #familias, compartir cultura e #celebrar #xuntos a forza da #palabra.