Ruta guiada polas Areeiras da Limia

A Cámara Oficial Mineira de Galicia organiza o sábado 27 de xuño unha ruta guiada polas Areeiras da Limia (Ourense), con saída e chegada en Sandiás.
 
A actividade permitirá coñecer a formación da singular chaira sedimentaria da Limia, a historia da desecación da Lagoa de Antela, unha zona de extracción de area con draga e nora e a transformación dos antigos ocos mineiros en espazos de elevada biodiversidade. Todo isto forma parte da paisaxe característica da comarca.
 
A quedada será ás 09:45 h e a finalización está prevista para as 13:30 h. O percorrido, circular e de dificultade baixa, é unha actividade gratuíta e aberta ao público.  A ruta creada para a web de Patrimonio Mineiro ten unha lonxitude de 8,3 km, mais ese día realizaremos algúns tramos en autobús para dispoñer de máis tempo para as explicacións.
 
Esta actividade desenvólvese no marco da plataforma Minería Sostible de Galicia, a través do seu programa de Patrimonio Mineiro (MinaTUR), en colaboración coa Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
 
📆 Sábado 27 de xuño ás 09:45h. Duración aproximada de 3:30h.
📍Sandiás
🚶‍♀️‍➡️ Percorrido circular (Dificultade: baixa)
 
A inscripción  é obrigatoria (polo tema das prazas limitadas do autobús) e gratuita. Podedes acceder aquí: 
Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.