Rutas interpretativas para avistamento de aves na contorna das Areeiras de Sandiás e da canle principal da Lagoa de Antela

No outono e inverno visita #AreeirasdeSandiás. Miles de aves pasan a invernada connosco. Dende o pasado 12 de Outubro, Día Mundial das Aves Migratorias goza dun espectáculo natural único vinculado o turismo ornitolóxico.
Dous dos mellores lugares para practicar #turismoornitológico na provincia de Ourense están no #ComplexohúmidoLimiaAntela e, concretamente, nas #AreeirasdeSandiás. Xa no 2016 o programa #GaliciaBirding posto en marcha pola Xunta na web https://www.turismo.gal/ recomendaba a #Limia como un dos destinos galegos máis adecuados para a observación de aves. O portal propuña aos interesados un total de catro roteiros pola comarcaonde poder visualizar e fotografar as aves máis características da zona.

Continuando por esa senda, o #ConcellodeSandiás a través do proxecto Ruta de Aves polas Areeiras de Sandiás subvencionado no seu momento pola #axenciagalegadeturismo, ven de señalizar un roteiro para a observación de aves na zona das areeiras. A ruta e de fácil acceso dende a estrada principal, ten en conta os percorridos das rutas de Galicia Birding, inclúense os dous observatorios de aves existentes, a distancia e dificultade está adaptada a unha gran variedade de usuarios, dende nenos ata persoas de avanzada idade con 5,5 km e desniveis case inexistentes.

A ruta é ciclable e percorre as marxes das areeiras cun proceso de restauración máis avanzado. Percorre ambas marxes da Canle Principal da Lagoa de Antela (Espazo Rede Natura).
Cando as mellores cousas, están moi #pretiño de nós. Podemos #gozalas, velas e #coidalas. Achégate ata ás #AreeirasdeSandiás para unirte coa natureza. Déixate marabillar pola fauna e vexetación da zona e percorre as rutas sinalizadas e #disfruta #contemplando a #fauna e a #flora nos #ObservatoriosOrnitolóxicos ou outros puntos de avistamento de aves.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?