No outono e inverno visita Areeiras de Sandiás. Miles de aves pasan a invernada connosco. No 14 de outubro, Día Mundial das Aves Migratorias goza dun espectáculo natural único vinculado o turismo ornitolóxico.
Dous dos mellores lugares para practicar turismo ornitolóxico na provincia de Ourense están no Complexo húmido Limia Antela e, concretamente, nas Areeiras de Sandiás. Xa no 2016 o programa #GaliciaBirding posto en marcha pola Xunta, recomendaba a Limia como un dos destinos galegos máis adecuados para a observación de aves. O portal propuña aos interesados un total de catro roteiros pola comarca onde poder visualizar e sacar fotos das aves máis características da zona.
Continuando por esa senda, o Concello de Sandiás, a través do proxecto Ruta de Aves polas Areeiras de Sandias, subvencionado no seu momento pola Axencia Galega de Turismo, vén de señalizar roteiros para a observación de aves na zona das areeiras. A ruta e de fácil acceso dende a estrada principal, ten en conta os percorridos das rutas de Galicia Birding, inclúense os dous observatorios de aves existentes, a distancia e dificultade está adaptada a unha gran variedade de usuarios, dende nenos ata persoas de avanzada idade con 5,5 km e desniveis case inexistentes. A ruta é ciclable e percorre as marxes das areeiras cun proceso de restauración máis avanzado. Percorre ambas marxes da Canle Principal da Lagoa de Antela (Espazo Rede Natura).
Cando as mellores cousas, están moi pretiño de nós. Podemos gozalas, velas e coidalas. Achégate ata ás Areeiras de Sandiás para unirte coa natureza. Déixate marabillar pola fauna e vexetación da zona e percorre as rutas sinalizadas e desfruta contemplando a fauna e a flora nos Observatorios Ornitolóxicos ou outros puntos de avistamento de aves.