@s nen@s do Concello de Sandiás pasárono en grande no parque de atraccións Pazolandia

Dezasete nen@as do Concello de Sandiás acudiron a visitar Pazolandia no Pazo dos Deportes “Paco Paz” en Ourense o 27 de decembro. A cargo deles os 4 euros de entrada e os gastos da viaxe a cargo do Concello.

Pazolandia estreou este ano a súa mascota oficial, Pacito, que acompañou aos pequenos e maiores que visitaron o espazo lúdico. Nesta edición os nen@ puderon desfrutar de actividades variadas. Houbo unha importante presenza da tecnoloxía con zonas de simuladores de movemento e realidade virtual, e coa posibilidade de que as persoas visitantes teñan acceso á rede wifi mediante o escaneo dun código QR. Tamén contou o parque co popular xogo de “escape room” e no exterior as propostas ampliáronse co xogo “O Barco”, de movemento oscilante e gran altura. Destacaron tamén u tren de Disney, pista de coches de choque, unha nora e os inchables da Patrulla canina.

Os nenos e nenas estiveron acompañados, por parte do Concello, pola concelleira María José e polas mamás (Laura, Elisa, Fátima, Soni e Hakima).

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?