Sandiás abre o Nadal cun concerto do coro de cámara “Madrigalia” vencellando música, patrimonio e espírito do nadal

A música terá o seu protagonismo no Nadal de Sandiás. Abrirá o Nadal co II Concerto de Coro de Cámara “Madrigalia” (A Coruña) cun programa musical de Nadal nunha magnífica contorna onde estarán de protagonistas a boa sonoridade da nave central, o retablo do famoso escultor Francisco de Moure e a porta central de estilo manuelino da Igrexa de Santo Estevo nun dos conxuntos entre tardogóticos e renacentistas máis emblemáticos do concello.

O Concello de Sandiás convida a todos os veciños e veciñas o xoves, 21 de Decembro ás 19.00 h con entrada libre a asistir á actuación do coro de cámara Madrigalia na Igrexa Parroquial de Santo Estevo abrindo os festexos do Nadal facendo comunidade veciñal e gozando dos beneficios físicos, culturais e humanos da música en directo. Música e cantos que enchen de emoción a alma e que constrúen un mundo mellor.

O coro de Cámara “Madrigalia” está formado por coralistas, algúns deles cantores profesionais que, baixo a dirección de profesores de alto nivel, buscan unha coidada interpretación das obras que programan. O programa do concerto está composto por 12 obras. Xunto cos coristas e cantores profesionais destaca a pianista Tatiana Prjevalskaya e a Directora e Soprano Solista, Clara Jelihovschi.

Madrigalia cantou nas salas e templos máis prestixiosos: Palacio da Ópera da Coruña, Teatro García Barbón de Vigo, Catedral de Santiago de Compostela, Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, tomando parte en múltiples ciclos de música e intervido en numerosos concertos organizados polo Concello e pola Deputación da Coruña.

.

Buscar
En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Resumo de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros con fins puramente estatísticos, para poder ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Se queres saber máis acerca das cookies que utilizamos e o seu funcionamento, convidámosche a que lle botes unha ollada á nosa política de privacidade.