O Concello de Sandiás presenta a programación para o Outono-Inverno Culturais 2024-2025 cunha ampla oferta de 30 actividades de distinta natureza e para diferentes públicos, así como para toda a familia. No marco desta programación cultural, terán lugar:
- Actividades de educación ambiental
- Actividades culturais e de educación familiar
- Exposicións temporais de costura e natureza
- Actividades formativas de promoción da lingua galega
- Obradoiros de pintura, costura, ximnasia e memoria
- Campañas de solidaridade no Nadal
- Programa específico do Nadal
- Concertos de Nadal e grupo de animación teatral
- Cine pola igualdade e contra a violencia de xénero
- Xornadas Micolóxicas
- Animación a lectura, biblioteca ambulante e presentación de libros
- Visita dos Reis Meigos e Cantar dos Reis
- Proxecto de Animación Socio-Comunitaria e prácticas de saúde comunitaria
- Promoción do patrimonio local (visitas guiadas, produtos turísticos)
- Entroido Local
- Actividades de promoción socio-comunitarias: magosto, concerto de Nadal…
Todas estas actividades foron presentadas polo alcalde Felipe Traveso, o concelleiro de cultura Pepe Gándara e Pilar Cabrera de Política Social e Participación Cidadá acompañados de outros membros da corporación. O equipo de goberno desexa que o plan variado de actividades onde intentan estar presentes intereses diversos e idades diferentes sexa do interese dos veciños e veciñas, nenos, xóvenes e adultos. Así mesmo, invita aos veciños e veciñas a participar e implicarse nos actos programados como veñen facendo nos últimos anos.
Para información e inscripción nas actividades convén estar atentos ao cartaz xeral de actividades e a cartelería específica adicada a cada unha delas que se publicará ao longo dos próximos meses.