Sandiás abre o Outono Inverno Culturais cunha ampla oferta de actividades

O Concello de Sandiás presenta a programación para o Outono-Inverno Culturais 2023-2024 cunha ampla oferta de actividades de distinta natureza e para diferentes públicos así como para toda a familia. No marco desta programación cultural, terán lugar:

  • Actividades de educación e voluntariado ambiental
  • Actividades culturais e educación familiar
  • Exposicións temporais de pintura e fotografía
  • Actividades formativas
  • Obradoiros de pintura, ximnasia e memoria
  • Campañas de solidaridade no Nadal
  • Programa específico do Nadal
  • Concertos de Nadal e grupos de animación musical
  • Espectáculos de Maxia
  • Xornadas Micolóxicas
  • Clube de lectura e presentación de libros
  • Visita dos Reis Meigos e Cantar de Reis
  • Proxecto de Animación Socio-Comunitaria
  • Visitas guiadas ao Patrimonio Local
  • Entroido Local

Todos estas actividades foron presentadas polo alcalde Felipe Traveso e acompañado de outros membros da corporación. O equipo de goberno desexa que o plan variado de actividades onde intentan estar presentes intereses diversos e idades diferentes sexa do interese dos veciños e veciñas, nenos, xóvenes e adultos. Así mesmo, invita aos veciños a participar e implicarse nos actos programados.

Para información e inscrición nas actividades convén estar atentos ao cartaz xeral de actividades e a cartelería específica adicada a cada unha delas que se publicará ao longo dos próximos meses.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?