Sandiás abre o Outono/Inverno Culturais cunha programación cultural de 23 actividades

O Concello de Sandiás presenta a programación para o Outono-Inverno Culturais 2022-2023. O Concello organiza vinte e tres actividades de distinta natureza entre os meses de outono e inverno para toda a familia. No marco desta programación cultural, terán lugar:

  • Actividades de educación ambiental
  • Actividades culturais e educativas
  • Exposicións temporais
  • Actividades formativas
  • Excursións
  • Campañas e inauguracións
  • Conmemoracións
  • Programa do Nadal
    • Concerto de Nadal
    • Charlas
    • Clube de lectura e presentación de libros
    • Visita dos Reis Magos e Cantar de Reis

 

Todas estas actividades foron presentadas polo alcalde Felipe Traveso e o concelleiro de cultura, Pepe Gándara, acompañados doutros membros da corporación. O equipo de goberno desexa que o plan variado de actividades, onde intentan estar presentes intereses diversos e idades diferentes, sexa do interese dos veciños e veciñas, nenos, xóvenes e adultos. Así mesmo, invita aos veciños e veciñas a participar e implicarse nos actos programados.

Para máis información e inscrición nas actividades convén prestar atención ao cartaz xeral de actividades e a cartelería específica adicada a cada unha delas, que se publicará ao longo dos próximos meses.

En qué podemos axudarte?

Estamos á túa disposición. Para calquera dúbida, comentario ou suxerencia, non dubides en contactar co persoal do Concello.

Enviar mensaxe
¡Ola!
¿En que podemos axudarte?