O Concello de Sandiás presenta a programación para a primaveira-verán Cultural 2025. O Concello organiza 40 actividades de distinta natureza entre os meses de marzo, abril, maio, xuño, xullo e Agosto para diferentes públicos e para toda a familia.

No marco desta programación que se pode visionar en conxunto no cartaz, terán lugar:
- Concertos Musicais
- Espectáculos de Maxia
- Cine na rúa
- Actividades deportivas de sendeirismo, trail-andaina, conciliación e tempo de lecer para nenos e nenas.
- Actividades culturais e educativas (costura, clube de lectura, educación para o consumo, teatro, animación a lectura, presentación de libros, celebración do día de Isaac Díaz Pardo, celebración do Patrimonio Oral Musicado representado nas cantareiras con varios obradoiros).
- Exposicións varias de Pintura e de educación ambiental
- Proxecto de dinamización socio-comunitario (obradoiro de estimulación da memoria, obradoiros de saúde, andainas en familia).
- Visitas guiadas a bens patrimoniais locais (Pazo do Telleyro, Exposición Permanente do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, Hidrogeolodía sobre xeo-lugares da zona, xornadas de recuperación da toponimia da zona).
- Campañas de sensibilización (Día do Medio Ambiente. A caza do lixo, Voluntariado ambiental polas Areeiras de Sandiás).
Todos estas actividades foron presentadas polo alcalde Felipe Traveso o concelleiro de cultura, Pepe Gándara e a concelleira de política social, Pilar Cabrera, acompañados de outros membros da corporación. O alcalde, Felipe Traveso espera que o plan variado de actividades onde intentan estar presentes intereses diversos e idades diferentes sexa do interese dos veciños e veciñas, nenos, xóvenes e adultos. Así mesmo, invita aos veciños a participar e implicarse nos actos programados como veñen facendo con moito interese e implicación estes anos pasados.
Para información e inscrición nas actividades convén estar atentos ao cartaz xeral de actividades e a cartelería específica adicada a cada unha delas que se publicará ao longo dos próximos meses.