O Concello de Sandiás presenta a programación Primavera-Verán Cultural 2026 cunha ampla oferta de actividades pensadas para toda a veciñanza: música, cine, maxia, deporte, actividades infantís, culturais, educativas, ambientais e visitas guiadas ao patrimonio local.
Entre marzo e agosto, Sandiás converterase nun espazo cheo de vida, encontro e participación.
Poderás consultar toda a programación no cartel xeral e seguir a cartelería específica de cada actividade ao longo dos próximos meses.
Desde o Concello convidamos a todos os veciños e veciñas a implicarse e participar nunha programación feita para todas as idades e intereses.




