O Concello de Sandiás presenta a programación para o Verán Cultural 2024. O Concello organiza preto de 30 actividades de distinta natureza entre os meses de Xuño, Xullo, Agosto e Setembro para diferentes públicos e para toda a familia.
No marco desta programación que se pode visionar en conxunto no cartaz, terán lugar:
- Excursións
- Concertos Musicais
- Actividades deportivas de sendeirismo, trail, conciliación e tempo de lecer para nenos e nenas.
- Actividades culturais e educativas (costura, clube de lectura, educación para o consumo, teatro, maxia, animación a lectura).
- Exposición de Pintura
- Proxecto de dinamización socio-comunitario (obradoiro de estimulación da memoria, obradoiros de saúde, charla-obradoiro sobre aldeas seguras).
- Visitas guiadas a bens patrimoniais locais (Torre do Castro, Pazo do Telleyro, Retablo e Porta Manuelina da Igrexa de Santo Estevo, Exposición Permanente do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela).
- Campañas de sensibilización (Día do Medio Ambiente. A caza do lixo).
Todos estas actividades son presentadas polo alcalde Felipe Traveso e o concelleiro de cultura, Pepe Gándara, acompañados de outros membros da corporación. O alcalde, Felipe Traveso espera que o plan variado de actividades onde intentan estar presentes intereses diversos e idades diferentes sexa do interese dos veciños e veciñas, nenos, xóvenes e adultos. Así mesmo, invita aos veciños a participar e implicarse nos actos programados como veñen facendo con moito interese e implicación estes anos pasados.
Para información e inscrición nas actividades convén estar atentos ao cartaz xeral de actividades e a cartelería específica adicada a cada unha delas que se publicará ao longo dos próximos meses.