O Concello de Sandiás está acometendo finalmente a limpeza e desbroces, especialmente na rede de camiños, especialmente forestais dos montes que conectan os diferentes núcleos de poboación. Con anterioridade xa se informou da limpeza e roza co tractor desbrozadora e da posta a punto das áreas recreativas e da limpeza de Aprol nos núcleos urbanos das aldeas do Concello. Quedaba por informar do traballo que se estivo a realizar nos múltiples camiños e corredoiras por parte das Brigadas de Prevención e defensa contra incendios forestais que comezou a traballar o 16 de Xullo.
Nas corredoiras, camiños de carros, nos camiños de monte en desuso na sua meirande parte dado o abandono dos montes, polas canellas ou corredoiras moi estreitas e por vreas ou corredoiras anchas levan traballando tres meses as Brigadas de Prevención e Defensa contra Incendios.
Deixámos unha ampla mostra das súas actuacións nos camiños que parecen similares pero que conteñen moitas singularidades como a súa estreiteza, os seus muros de acotamento con muros de pedra a xunta seca, con belas curvas de trazos meandriformes , poboados de carballeiras de agradecidas sombras, etc. Limparon, de momento, os camiños en torno a Vilariño das Poldras que remata en Cerredelo cun ramal por encima das casas dos Espis e outro hacia Couso ao carón da Remesilla, en dirección a Vilar de Santos, todos os que están ao carón de Couso en dirección a Igrexa, os da subida ao San Bieito, o camiño dos muiños pola pista da fonte e do Regueiriño e os que van a o Monte Cantariñas.
En concreto, o camiño das Cabras (Couso-Vilariño), camiño da Mourista (Cerredelo), camiño do Regato (O Regueiro), camiño a Casteaus (Cerredelo), camiño dende Cerredelo ata Vilariño das Poldras, camiño ao carón do Pozo do Rouso e arredores (O Castro), Camiño do forno (Cerredelo), Taque da Aldea de Cerredelo, depuradora de Cardeita e de Sandiás, camiño da Nogueira, camiño do Castrón (Novaíño), camiño da Verea Bella a altura da Noguera en dirección A Ponte, camiño da fonte da Castiñeira (A Fontela), camiño do Bosque (A Fontela), camiño a depuradora da Fontela, camiño do Bouzo (Piñeira), camiño de A Pedreira (Piñeira), camiño da Remesilla (Couso) e Camiño de A Pega (Piñeira), entre outros que se limparán nos meses seguintes.
O noso Concello de Sandiás atopouse como moitos outros en alerta permanente e tamén estivo a prestar axuda alí onde se lle solicitou a través das dúas Brigadas contra Incendios como mostra algunha fotografia, traballo que en nome do concello agradecémoslle inmensamente.
Así mesmo, continou actuando o tractor desbrozadora do Concello realizando desbroces preventivos de cunetas por todo o concello e estiveron traballando brigadas de limpeza polas aldeas dos núcleos de poboación. Unha delas en base ás subvencións concedidas por Aprol (fomento do empleo no medio rural). Adicados especialmente a limpeza de beirarúas, cunetas e outros espazos públicos no interior dos aldeas. Tamén estivo realizando labores de limpeza o Obradoiro de Xardinería posto en marcha en colaboración co Concello de Xinzo de Limia o que mostramos tamén con fotografías.
Finalmente, recordar de novo a importancia da limpeza da contorna das casas e das áreas de biomasa da contorna das aldeas seguindo a normas establecidas mentras non se modifiquen.
Respecto a limpeza na contorna das vivendas compre lembrar que a Lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, establece faixas e perímetros de protección de 50 metros. A Lei de Incendios obriga aos propietarios/as á limpeza de terreos e fincas comprendidas neste perímetro de 50 metros desde edificacións e vivendas e como indica o bando do concello “perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, arredor de edifiacións destinadas a personas, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte e arredor de edificación silladas destinadas a persoas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte. Con carácter xeral, na mesma franxa de 50 metros mencionada non poderá haber árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira, como o eucalipto ou varias variedades de pino, entre outras. Estes requisitos deberán cumprirse antes de que remate o mes de maio de cada ano mentres non se modifiquen as normas establecidas pola Xunta de Galicia.
Así mesmo, en virtude con convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAM e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para a consolidación do sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias, lémbrase que o concello de Sandiás ten como parroquia priorizada a de Sandiás (San Estevo). Este convenio permite formalizar contratos de xestión de biomasa ca empresa SEAGA a cun custo reducido de 420 Euros por hectárea e ano. Os titulares das parcelas ou representantes que desexen acollerse a limpeza das zonas das parroquias priorizadas poden achegarse polo concello onde disponen de un novo modelo de contrato a cubrir e serán informados dos predios e superficie afectada.