O Concello de Sandiás súmase á conmemoración do Día das Letras Galegas este 17 de maio de 2026, apoiando a declaración institucional da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e rendendo homenaxe á xornalista e escritora galega Begoña Caamaño, figura central desta edición das Letras Galegas. A FEGAMP destaca a súa “clara influencia local” e a súa vinculación coas cidades de Vigo e Santiago de Compostela, onde desenvolveu unha intensa traxectoria profesional e literaria. A súa obra, especialmente as novelas Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle, foron pioneira na reinterpretación feminista dos mitos clásicos. Especialmente nesta última traslada ao presente unha lectura crítica dos mitos artúricos que tan presentes están na lenda da Lagoa de Antela ao redor de “os exércitos encantados do rei Artús”.
A programación está artellada especialmente en torno as crianzas, en torno as persoas que teñen alma de poeta, a música e propostas como a da Escola de Saúde da Limia sobre os estereotipos de xénero que seguindo a ronsel de Begoña Caamaño militan pola desjerarquización do amor e exploran a amizade como espazo de resistencia. Tamén fai unha chiscadela a Don Ramón Otero Pedrayo destacando a mirada de Don Ramón sobre a paisaxe da Limia e a Lagoa de Antela.
📅 Programación cultural Letras Galegas 2026 – Concello de Sandiás
🔹 13 de maio
Vixías da Antela
Organiza: Furgoteca – PAI de Sandiás.
🔹 15 de maio
Concerto “O son do ar” coa Orquestina Antela no Pai de Sandiás
Organiza: Agrupación Musical da Limia, Concello de Sandiás, Pai de Sandiás
🔹 21 de maio (xoves)
Conto-Coloquio: “Bela Dormente… Esperta!”
Actividade dinámica que combina narración oral e reflexión compartida sobre os estereotipos de xénero.
Organiza: Escola de Saúde da Limia a través da Furgoteca.
🔹 21 de maio (xoves)
“Restaurante para monstros: Descubrindo novos menús”
CEIP de Sandiás. Organiza: Furgoteca.
🔹 23 de maio (sábado)
Diálogo Poético Intercultural
Xornada de música e poesía con poetas de Venezuela e Galicia.
Organiza: Concello de Sandiás, Ágoa Espazo Integral, A Letra Fala, Ruta Poética José Antonio Ramón Sucre-Venezuela, Encontro Latinoamericano de Poetas “La Victoria” e Nos Une la Poesía.
🔹 5 Xuño, Venres | Música e movemento en familia. Encontro entre danza, música e literatura para crianzas. Getsemaní Valenzuela. Pai de Sandiás.
🔹 26 de xuño (martes)
Canticontos para crianzas, con Getsemaní Valenzuela.
Acto de graduación do PAI de Sandiás.
🔹 19 Agosto (mércores)
Actividade dedicada a Ramón Otero Pedrayo
🔹 Maio, Xuño, Xullo, Agosto…
Programa Biblioteca móvil de Galicia. VIsita ás 18 aldeas do concello e actividades de animación lectora e servizo de préstamo. Furgoteca. Ourense Occidental.