O Concello de Sandiás pon en marcha unha nova edición das Xornadas do 25 de Novembro, con actividades de sensibilización e educación contra a violencia de xénero co obxectivo de sensibilizar á cidadanía, fomentar a igualdade e ofrecer espazos de reflexión e aprendizaxe para todas as idades.
Onde: Local Social Casa da Cultura de Sandiás
Data: Martes, 25 de novembro
Hora: 12.30 h ata 14.30 h
Son actividades que se desenvolven no Local Social do concello ao longo da mañá e nas que poden participar nenos, nenas, adolescentes e adultos que queiran reflexionar e facer algún xesto simbólico sumándose a un concello e comarca máis igualitario e libre de todo tipo de violencias.
Concretamente, pódese participiar nas seguintes actividades:
12.30 h. Lectura pública da Declaración Institucional para conmemorar o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
Entre 12.30 e 14. 30 h | Photocall pola Igualdade. Cun fondo de murais de mensaxes e murais pintados no concello, quen queira, de xeito individual ou en grupo póde facerse unha fotografía a modo de xesto simbólico en contra a violencia de xénero e por un mundo máis igualitario. Anímate!!
12.45- 14.30 h | Obradoiro de chapas para nenos e nenas.
14.00 h | Entrega de pulseira comuo símbolo de loita contra violencia de xénero.