Dende o sábado 24 de Xaneiro xa está activo esparexendo sal polas estradas e camiños interiores dos núcleos de poboación máis afectados o novo tractor desbrozadora do Concello de Sandiás. Grazas a un convenio entre a Deputación e o propio Concello no marco do programa de colaboración para a prevención de incendios forestais. O concello conta cun novo tractor que se incorpora aos nosos medios para continuar coa limpeza das aldeas, estradas e pistas e para previr incendios. A mellora e o mantemento das infraestructuras como a limpeza das aldeas, estradas e pistas é un dos grandes obxectivos deste grupo de goberno como notifica o concello aos veciños ao longo do verán en relación coa limpeza das zonas recreativas, as zonas urbanas e cunetas de estradas . O outro obxectivo importante é o desbroce da ampla rede de camiños dos montes coa acción das brigadas de prevención de incendios forestais.
Este novo tractor contribuirá a acadar os obxectivos anteriores e facer de Sandiás un concello mellor. Trátase dun vehículo tipo tractor 4×4, cunha desbrozadora de brazo articulado hidráulico e adiantado e unha rozadora de arrastre” por un importe de 121. 000 Euros. Tamén conta co equipamento de señalización e balizamento homologado para o seu uso en obras móbiles en estradas. Esta adquisición foi posible cunha subvención da Deputación de Ourense. O IVE foi aportado polo Concello de Sandiás. A empresa adxudicataria foi JOSE ESTEVEZ. AS FERREIRAS. S.L.
Esta nova adquisición supón un importante reforzo para o marque móvil municipal e mostra o compromiso do Concello coa protección do medio rural, as tarefas de limpeza de maleza, o desbroce das marxes dos camiños rurais, a seguridade da veciñanza e a mellora dos servizos públicos municipais en xeral.
O alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, amosouse satisfeito pola chegada deste novo equipamento “para un concello como o noso pequeno pero moi disperso onde a prevención ten que ser unha prioridade absoluta chegando a máis zonas en menos tempo e garantindo que as infraestructuras e contorno das vivendas estean limpas e seguras”.